El Señor Mozano

Foise a luz

In Recordos on 21/12/2010 at 00:10

Aínda me lembro cando a luz (electricidade) escorrentaba de súpeto dos cables pendurados daqueles postes de madeira enxebre e alguén dicía “dalle ós interruptores que se foi a luz”. Non era tanta tolería isto como parece. Só queríamos estar ben informados de cándo voltara de novo a luz á casa (igualiño que cando se vai a auga abrimos algunha villa).

Era alá por mediados dos noventa, namentres os americanos xa dominaban o mundo do internet, nós aínda seguiamos buscando mistos, candeas, candelabros e velas pra rezarlle ó Altísimo (apto só pra os máis devotos) pra que nos devolvera a tan ben cotizada luz cando se ía sen avisar e quedabamos ás apalpadas.

Tiñamos que manternos entretidos as horas que estiveran escuras as vivendas; era moi típico contar lendas ou historias ó carón do lume (cociña de leña tamén é o propio) ó tempo que se entraba en calor cun groliño de augardente ou licor café da casa, outros aproveitaban pra poñer a parir ós veciños, rirse das falcatruadas dos pícaros de aldeas colindantes, etc. Tamén había parellas novas (e outras non tan novas) que facían o seu “beibi bum” particular; e veña festa.

¡Que mágoa cando voltaban de novo a alumear as lámpadas do noso lar!
Na lembranza quedarán esas tardes/noites cheas de retranca galega.

P.D.: As vindeiras xeracións xa non pasaran por isto. Poderán facer unha simulación baixando os plomos manualmente e finxindo como que se “foi a luz”. Pobriños.

Esta entrada vai dedicada a Bernardo e a Rubén, dous galegos ilustres.

Anuncios
  1. simplemente genial!! por uns momntos recordin certos momntos da miña infancia!

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: