El Señor Mozano

Los Reyes Magos no han podido venir porque…

In Días etiqueta, Dibujos con significado, Historietas porque sí on 07/01/2011 at 22:28

Melchor: Mal raio me parta. ¿Onde diantre estamos?

Gaspar: Tranquilo Melchor, que xa estamos chegando a Belén. Faltan apenas unhas horiñas.

Baltasar: A ver oh, trae pra acó o GPS. Déixame ver o panorama.

[pausa]

¡Aínda es Tomtom! ¡Puxeche Velén! ¡Con V!

Gaspar: Pero… quedará preto de Belén, ¿non si?

Baltasar: Pois vai ser que “non non”. Estamos nin máis nin menos que en Alemania.

Melchor: Fixémola boa. Non tiñamos dabondo có pinchazo do Mercedes.

[pausa]

Baltasar: Pois eu xa non vou. ¡Non vou! ¡A rañala! Xa estou farto de tanta carallada.

Melchor: ¿Como que non vas? ¿E logo nos que imos facer nós se ti marchas?

Baltasar: Ai… amañádevos. Iso non é o meu problema. O coche é meu e voume de volta pra Oriente. Eu pra chegar á semana seguinte non vou, e punto. Se sei que non íbamos chegar a tempo darlles os agasaios ós pícaros quedo na casa.

Melchor: Baltasar ten razón. Pra facer o parvo é mellor voltar pra a casa. Temos que avisar ós pais e que merquen eles os agasaios, coma sempre.

Gaspar: Pois nada, chamarémolos e dirémoslles que este Nadal tampouco imos ir.

Baltasar: ¿Chamalos? ¿Seica mexas fora do orinal ou qué? ¿Ti sabes o que custaría iso? Co que cobra Vomistar estariamos na ruina en menos de catro minutos. Mellor poñemos a noticia Menéame, twitter, Tuenti e Facebook, e arreando, que agora todo o Mundo usa as novas tecnoloxías e malo será.

Menos mal que estou eu aquí, que a vós vos dan dromedario por camello. Senón é por min, sería por outro.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: