El Señor Mozano

A verdadeira historia de Darth Vader e Luke Skywalker (I)

In A verdadeira historia de Darth Vader e Luke Skywalker on 09/01/2011 at 21:48

Vader e Luke durante a conversa

___________________ COMEZO DE ESCENA ___________________

Vader: Boas noites, Luke.

Luke: [cunha lixeira pesadez] Boas noites, pai.

Vader: [con rintintín] Vexo que chegaches.

Luke: Non me amoles, pai. Era o que me faltaba.

Vader: [con sarcasmo] Perdoeme vostede, maxestade. Non quería interromper o seu asome nocturno ó balcón. ¡Como son tan parvo pra non darme conta que vostede ten unhas necesidades e uns dereitos que eu non teño nin tan sequera comprendo!

[pausa pra coller aire (ishhh huuu)]

[empezar suvecito (como a orquestra) e acabar botando lume pola boca] Eu estou traballando arreo, coma un burro todo o día na Estrela da Morte: matando xente, combatindo con uns e con outros, expropiando terras a xente pobre, escravizando a calquera ser que se mova, etcétera, etcétera, etcétera. E ti, que o único que fas na túa vida é ventilar os cartos que eu che dou, ¿ves a dicirme que non te amole?

[pausiña]

Ai, amijo, xa podes ir espabilando, que eu non vou estar aquí pra manter os teus caprichiños toda a vida.

Luke: Trátasme coma un neno pequecho e xa son home feito de dereito.

Vader: ¿Ai si? Entón, ¿pódesme explicar logo por que a túa nave ten un rascazo nunha das ás?

Luke: É que che había unha de néboa cando viña de Marte…

Vader: ¡Non me dijas! Iso é abraiante porque, cóntame xenio, ¿desde cando hai néboa no espacio, meu? Máis che vale que me des unha boa explicación senón vou quitar o cinto e vas ir ben quentiño pra a cama, que cho digo eu.

Luke: Está ben. Pero non te alporices, prométemo.

Vader: Douche a miña palabra, Luke. Xúrocho pola túa nai.

Luke: Paroume a Guardia Civil nun control… e din positivo.

Vader: Bebiche coma un condanado, claro.

Luke: Non… non foi por beber.

Vader: ¿E por qué foi logo? ¿Non entrarías no hiperespacio antes de tempo, non? ¡Cantas veces che teño dito que atendas ás sinais! Que pra iso están.

Luke: Non caes da burra, eh. Foi por estupefacientes.

Vader: En cristián, por favor.

Luke: ¡Droja! ¡Tiña as venas cheas de droja! Iba ata as trancas, posto ata riba. Metinme de todo, ata que non podía aspirar máis polo nariz. Ah, e a nave rasqueina ó sair do control coa nave dos madeiros e agora teño que pagar unha multa de aquí te espero e quitáronme 10 puntos de carné. ¿Cómo lo ves?

[Darth Vader, sen dicir nin unha aconstantinada palabra, colle o sable láser moi amodiño e o acende de súpeto… ishhh huuuu]

___________________ FIN DE ESCENA ___________________

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: