El Señor Mozano

A verdadeira historia de Darth Vader e Luke Skywalker (II) : A nai de Luke

In A verdadeira historia de Darth Vader e Luke Skywalker on 21/01/2011 at 16:35

 

Darth Vader buscando a Luke

[[No último capítulo… Luke chegou a casa co corpo un pouco cargado de droga e lle deu un rascazo á súa nave. Darth Vader, cun nivel de odio máis alto que de costume sacou o sable (sshunn) e ishhh huuuu]]

___________________ COMEZO DE ESCENA ___________________

Vader : [falar paseniñamente con ese aire de bondade que esconde un “vas ver o que é bo cando te pille”, variando o ton (non a forza) da voz no medio das palabras fin de frase] Luuuuukkkeeeee [pronunciación: lúúúuuuuk]. Luuuuuuuukkkeeeee. ¿Onde te agoooochaaaass? [pausa] Sae de onde esteeeaaass… [pausa] e non che farei nadiña.

Luke : [dende un punto cego da habitación] ¡Mintes! Pode que xa me leves enganado catro veces, pero nin unha máis, non che caiba duda.

Vader : Está ben, fillo.

[Vader apaga o seu láser -sshunn-, póusao amodiño no chan o a afasta de sí cun pequeno empurrón co pé]

Xa está, xa tirei o sable láser. Agora falemos.

Luke : [Sae dun lado escuro da habitación] Sempre estamos co mesmo conto: digo algo que non che cadra e veña sable. Non dialogas nunca coa xente; es un túzaro. Seguro que miña nai non faría estas cousas. Mágoa non habela coñecido, houbera sido moito mellor pra todos.

Vader : [Con esforzo e medio tristeiro] Luke, hai algo que debes saber: túa nai [pausiña] segue viva.

Luke : [sen aínda creelo e aínda con algo de rencor polo de antes] Repíteme iso, que creo que non te escoitei ben.

Vader : Túa nai non morreu como cho contei no seu día. Está vivindo nunha aldea deixada “de la mano de Dios”. [pausiña] ¿Gustaríache vela?

[Aparece Luke poñendo o cinto da nave e axustando os espellos retrovisores da nave do pai]

Luke : Veña, espabilando que non temos todo o día.

Vader : ¿É que non tiveche dabondo có rascazo da última vez? A nave lévoa eu que pra iso a paguei. Era o que me faltaba; ter dúas naves no chapista.

[E aló van, pai e fillo, rumbo cara unha aldea máis morta cun zombie pra facerlle unha visita a Amidala, a nai de Luke, que agora nin é princesa nin é nada]

___________________ FIN DE ESCENA ___________________

Podes ver o capítulo anterior en : A verdadeira historia de Darth Vader e Luke Skywalker (I)

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: